jueves, 4 de diciembre de 2014

3º Paso

Continuamos co noso proxecto. Un paso máis de cara ao resultado final, hacia esa Stop Motion que esperamos vos guste.

Hoxe tocou fabricar a Lúa. Unha Lúa que formará parte do escenario no que gravaremos a chegada do home ao noso planeta.

Para facela utilizamos os seguintes ingredientes:



  1. Fariña
  2. Aceite(corporal ou de xirasol)
  3. Pintura gris
  4. Purpurina
Mixturamos ben todos estos ingredientes facendo unha masa sin grumos e sin pegotes. Unha vez que está todo ben amasado xa temos preparada a nosa area luar.

Agora só tocaba poñela no lugar no que íamos a preparar o noso escenario de grabación e tarefa feita. Tedes fotos deste proceso na galería da páxina web do colexio. Si pinchades na seguinte imaxe accededes directamente.




No hay comentarios:

Publicar un comentario