martes, 2 de diciembre de 2014

2º paso

O segundo paso do proxecto consistíu na elaboración dos astronautas que van a levar a cabo a misión.

Dividimos a clase en catro grupos para que cada un deles fixese un astronauta. Utilizamos plastilina blanca, negra e azul así como palillos para darlle forma e estabilidade.

Para que os nenos tivesen  unha referencia á hora de traballar proxectamos esta páxina web na que se pode ver como elaborar un astronauta paso a paso.

Agora elexiremos dous deses astronautas que serán os titulares da misión e os outros dous quedarán de reposto por si sufrimos algunha baixa.

Pinchade na foto para ver a galería de imaxes desta fase do proxecto

Pinchade na foto para ir á galería

No hay comentarios:

Publicar un comentario