O proxecto

Benvidos á nosa Bitácora:

Este espacio estará adicado a darvos a coñecer un proxecto que estamos poñendo en práctica.

O nome do mesmo coincide co nome deste Blog: "Eleximos a Lúa"

Por qué este nome? Porque o proxecto consiste nunha volta ao momento no que o home pisou por primeira vez o noso satélite, no ano 1969 (o 20 de xullo para ser máis exactos).

Mediante este proxecto profundizaremos nese histórico momento cun producto final que será unha Stop Motion recreando a chegada do home á Lúa.

Os obxectivos do mesmo son:

  1. Coñecer un momento esencial na historia da humanidade.
  2. Repasar as partes do corpo humano, ósos, articulacións e músculos mediante a realización dun astronauta de plastilina.
  3. Aprender a diferenciar os conceptos. Planeta, satélite, asteroide, estrela,..
  4. Comprender as diferentes forzas de atracción que existen en diferentes planetas e satélites dependendo da súa masa.
  5. Estudiar que é a atmosfera e cal é a súa misión
  6. Repasar e aprender novos conceptos matemáticos relacionados cos cambios de temperatura e de masa.
  7. Aprender a redactar textos dialogados.
  8. Aprender a utilizar novos medios tecnolóxicos (cámara de fotos, ordenador, pizarra dixital,..)
  9. Motivar aos alumnos ante a satisfacción de superar retos.
  10. Valorar o traballo en equipo.
  11. Disfrutar aprendendo

No hay comentarios:

Publicar un comentario