jueves, 5 de marzo de 2015

Último paso

Para rematar o noso traballo, fumos movendo pouquiño a pouco a nave e o astronauta e en cada mínimo movemento sacamos unha foto. Desta forma fumos elaborando o noso "Stop Motion".

Esta foi a fase do proxecto máis costosa xa que tivemos que sacar cerca de 200 fotografías para montar 30 segundos de vídeo.

Tamén gravamos a recreación do centro de control en Houston e engadimos as voces reais do momento do alunizaxe.

E así quedou o noso traballo:



Agardamos que vos guste

No hay comentarios:

Publicar un comentario