jueves, 5 de marzo de 2015

Último paso

Para rematar o noso traballo, fumos movendo pouquiño a pouco a nave e o astronauta e en cada mínimo movemento sacamos unha foto. Desta forma fumos elaborando o noso "Stop Motion".

Esta foi a fase do proxecto máis costosa xa que tivemos que sacar cerca de 200 fotografías para montar 30 segundos de vídeo.

Tamén gravamos a recreación do centro de control en Houston e engadimos as voces reais do momento do alunizaxe.

E así quedou o noso traballo:



Agardamos que vos guste

5º Paso

O seguinte paso foi pedirlle aos alunos que explicasen coas suas palabras cales foron os pasos que seguimos durante todo o proxecto e o plasmasen na sua libreta con debuxos.

Máis o menos, este foi o resultado:



4º Paso

Entre todos construimos a escalerilla do noso cohete con arame e a bandeira que o astronauta plantaría na Lúa.

Foi un traballo laborioso, sobre todo a construcción da escaleira.
O resultado foi este: