jueves, 5 de marzo de 2015

Último paso

Para rematar o noso traballo, fumos movendo pouquiño a pouco a nave e o astronauta e en cada mínimo movemento sacamos unha foto. Desta forma fumos elaborando o noso "Stop Motion".

Esta foi a fase do proxecto máis costosa xa que tivemos que sacar cerca de 200 fotografías para montar 30 segundos de vídeo.

Tamén gravamos a recreación do centro de control en Houston e engadimos as voces reais do momento do alunizaxe.

E así quedou o noso traballo:



Agardamos que vos guste

5º Paso

O seguinte paso foi pedirlle aos alunos que explicasen coas suas palabras cales foron os pasos que seguimos durante todo o proxecto e o plasmasen na sua libreta con debuxos.

Máis o menos, este foi o resultado:



4º Paso

Entre todos construimos a escalerilla do noso cohete con arame e a bandeira que o astronauta plantaría na Lúa.

Foi un traballo laborioso, sobre todo a construcción da escaleira.
O resultado foi este:


jueves, 4 de diciembre de 2014

3º Paso

Continuamos co noso proxecto. Un paso máis de cara ao resultado final, hacia esa Stop Motion que esperamos vos guste.

Hoxe tocou fabricar a Lúa. Unha Lúa que formará parte do escenario no que gravaremos a chegada do home ao noso planeta.

Para facela utilizamos os seguintes ingredientes:



  1. Fariña
  2. Aceite(corporal ou de xirasol)
  3. Pintura gris
  4. Purpurina
Mixturamos ben todos estos ingredientes facendo unha masa sin grumos e sin pegotes. Unha vez que está todo ben amasado xa temos preparada a nosa area luar.

Agora só tocaba poñela no lugar no que íamos a preparar o noso escenario de grabación e tarefa feita. Tedes fotos deste proceso na galería da páxina web do colexio. Si pinchades na seguinte imaxe accededes directamente.




martes, 2 de diciembre de 2014

2º paso

O segundo paso do proxecto consistíu na elaboración dos astronautas que van a levar a cabo a misión.

Dividimos a clase en catro grupos para que cada un deles fixese un astronauta. Utilizamos plastilina blanca, negra e azul así como palillos para darlle forma e estabilidade.

Para que os nenos tivesen  unha referencia á hora de traballar proxectamos esta páxina web na que se pode ver como elaborar un astronauta paso a paso.

Agora elexiremos dous deses astronautas que serán os titulares da misión e os outros dous quedarán de reposto por si sufrimos algunha baixa.

Pinchade na foto para ver a galería de imaxes desta fase do proxecto

Pinchade na foto para ir á galería

1º Paso

O primeiro paso deste proxecto consistíu en visualizar o momento no que o home pisou por primeira vez a Lúa. Unha pequena reportaxe elaborada por televisión española serviunos como plato introductorio para coñecer ese histórico momento.


Despois de ver o vídeo, visualizamos algunhas imáxenes do momento centrándonos en pequeños detalles, como o movemento da bandeira, a oscuridade ao fondo, a lentitude do movimiento dos astronautas, os traxes espaciais,...